Co gallo do E3 Konami anunciou que o vindeiro mes de novembro poderiamos gozar dos remakes en alta definición de varios xogos da saga de Metal Gear Solid nun recompilatorio chamado Metal Gear Solid HD Collection, e que incluiría adaptacións de Metal Gear Solid 2: Sons of Liberty, Metal Gear Solid: Snake Eater e Metal Gear Solid: Peace Maker, que chegarán en Blu-ray para a PlayStation 3 e en DVD para Xbox 360, sorprendendo que no comunicado da compañía figura unha versión para PC (Windows) da que non se dan detalles (polo que é de agardar que chegue máis tarde), pero que é toda unha sorpresa.
Pese a que a numeración dos xogos poida resultar algo confusa, cronoloxicamente as aventuras que narran estes títulos comezarían nos anos 60, en plena Guerra Fría, nunha xungla soviética na que rescatar a un científico secuestrado en Metal Gear Solid 3: Snake Eater (xogo que tamén chegará este ano á Nintendo 3DS); continúa en Metal Gear Solid: Peace Walker (título publicado na PSP que pedía a gritos unha versión para unha consola doméstica, ante as eivas presentadas polo seu sistema de control), que transcorre en Costa Rica no ano 1974; e finalmente Metal Gear Solid 2: Sons of Liberty é unha aventura situada na actualidade, que destaca pola primeira aparición na serie de Raiden (personaxe que terá un xogo de seu posiblemente en 2012).
Metal Gear Solid HD Collection terá versión para PC
Compartir Este Artigo

