Aínda que durante o E3 foron moitas as sagas que anunciaron novos títulos, e algunhas compañías como Konami anunciaron máis remakes que títulos realmente novos, non todo cheira a repetido, e a mencionada compañía anunciou un xogo para primeiros de 2012, Blades of Time, que está a desenvolver Gaijin Entertainment, e que contará con versión para Xbox 360 e PlayStation 3.
Este xogo de acción está protagonizado pola cazarecompensas Ayumi, que chega a Dragonland na busca de tesouros, pero topa un mundo hostil gobernado por un ser demoníaco ao que procurará derrocar armada por un par de espadas á vez que progresa en habilidades de combate e maxia.
Blades of Time buscará destacar polos seus grandes escenarios e a súa diversidade de inimigos, podendo botar unha breve ollada ao que achegará o ano que vén a través do seu novo trailer:
Blades of Time: o novo de Konami para primeiros de 2012
Compartir Este Artigo

