The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D, a adaptación do clásico de Nintendo 64 que a prensa especializada considera de xeito unánime como o mellor xogo da historia, chega hoxe ás tendas españolas na súa versión para Nintendo 3D, o que permite gozar dos seus gráficos tridimensionais percibindo a súa profundidade sen empregar lentes especiais, adaptándose tamén o xogo ao sistema de control da 3DS (a pantalla táctil pode empregarse para xestionar o inventario e tamén é posible aproveitar o xiroscopio para controlar a cámara ao disparar nalgúns momentos do xogo).
Unha vez rematada a aventura será desbloquearase a Master Quest, unha versión modificada do xogo que xa estaba dispoñible en GameCube e que fai máis atractivo rexogar ao título cunha maior dificultade.
Posiblemente esteamos ante o primeiro grande éxito para a Nintendo 3DS, converténdose en todo un imprescindible que para moitos ten como única pega que non chegase no lanzamento da nova consola portátil de Nintendo.
Trailer do novo xogo para Nintendo 3DS

