O estudo coruñés Gato Salvaje conseguiu rematar con éxito a primeira entrega do seu videoxogo AR-K, e vén de pór á venda o primeiro episodio (dun total de 5) do xogo titulado Sexo, mentiras y trabajos de clase, que pode adquirirse na súa páxina web por 5,95 euros e que en breve estará dispoñible noutras plataformas de descargas.
Esta primeira entrega do xogo está dispoñible inicialmente en español, pero en breve actualizarase de balde para incorporar as voces en inglés e en galego (así como subtítulos en italiano e alemán) o que facilitará a exportación deste prometedor desenvolvemento galego para PC. Gato Salvaje tamén publicará unha versión lixeira do xogo cunha resolucíón menor para facilitar que poida xogarse en portátiles e ordenadores de pouca potencia.
O videoxogo galego AR-K estrea o seu primeiro capítulo
Compartir Este Artigo

