Parecía que os xogos musicais como Rock Band e Guitar Hero pasaban a mellor vida, pero o seu paréntese non será eterno, senón que volverán, e o primeiro en sentar os alicerces para o seu retorno será Rock Band 3, que a finais de ano volverá a editarse, prescindindo do desaparecido selo MTV Games e contando con Mad Catz como editora, o que resulta un tanto rechamante por ser esa empresa a que fabricaba as guitarras e os teclados para o xogo.
Deste xeito, a franquía de Rock Band segue moi viva, a súa última entrega volverá ás tendas, e os seus instrumentos retomarán a súa distribución a tendas de videoxogos, polo que os seareiros deste tipo de xogos poderán continuar a gozar dun xénero que padeceu unha crise provocada pola sobresaturación do mercado de títulos.
Mad Catz farase cargo de Rock Band 3
Compartir Este Artigo

