Dance Central está considerado como un dos mellores xogos para Kinect, arrasando en vendas nos EE.UU.Microsoft decidiu lanzar o sensor Kinect para mellorar as posibilidades da Xbox 360, revitalizar a súa consola un par de anos mentres se agarda a unha nova xeración e abrila a un novo tipo de público, e parece que o está a conseguir certamente, pois non sé superaron os 10 millóns de sensores Kinect vendidos en todo o mundo, senón que varios xogos para o mesmo están a ser auténticos supervendas segundo declarou Michael Johnson, director global de marketing de xogos para Kinect, quen asegurou que o xogo de baile Dance Central de Harmonix logrou vender mundialmente 2,5 millóns de unidades, mentres que Kinect Sports logrou supéralo con 3 millóns de copias vendidas en todo o mundo. Curiosamente o xogo máis vendido en EE.UU. para Kinect foi Dance Central, polo que os gustos a ambos lados do Atlántico parecen ser diferentes, aínda que iso terémolo máis claro en outubro, cando ambos xogos acheguen as súas respectivas secuelas.