O xogo RollerCoaster Tycoon naceu en 1999 na súa versión para PC, dando pé a numerosas secuelas e revisións de grande éxito e sumando máis de 11 millóns de unidades vendidas, e agora Atari decidiu rescatar o simulador de parques temáticos en RollerCoaster Tycoon 3D, unha versión para Nintendo 3DS, que conserva uns controis sinxelos e intuitivos cos que crear montañas rusas salvaxes e imaxinativas, permite xestionar un parque de atraccións para poder manter o negocio e acadar fondos para construír novas atraccións e incluso gozar de contido desbloqueable especial segundo avancemos no seu modo historia (que combina titoriais e desafíos dentro dunha narración cohesiva e entretida). Iso si, os usuarios máis impacientes poden saltar directamente á acción nun modo Parque abierto, no que pódese xogar de xeito clásico. Amais, as posibilidades de comunicación da Nintendo 3DS facilitan compartir as nosas creacións, aínda que teremos que agardar a 2012 para poder gozar da versión portátil deste orixinal e divertido xogo.
Trailer de adianto do xogo RollerCoaster Tycoon
O simulador de parques de atraccións RollerCoaster Tycoon terá versión para 3DS
Compartir Este Artigo

