A Nintendo 3DS non só está a ter unha mellor aceptación no mercado grazas á súa baixada de prezo, senón tamén polos novos títulos que están a incorporarse ao seu catálogo, e tras The Legend of Zelda: Occarina of Time temos agora tamén outro xogo moi agardado, Star Fox 64 3D, que recupera as aventuras de Fox McCloud, o líder do equipo Star Fox, que protexe a galaxia ante a ameaza do malvado científico Andross.
Este clásico de Nintendo 64 colócanos nos mandos do avión de combate Airwing derrotando a numerosos inimigos, non só con incribles efectos 3D, senón tamén cunha remasterización dos seus gráficos acadando un acabado moi coidado (especialmente na resolución das súas texturas) e incluso a súa banda sonora e os seus sons chegan máis limpos. Destaca o feito de que o xogo aproveita o xiroscopio da 3DS, para permitir utilizar a nosa nave inclinando a consola de videoxogos portátil (aínda que tamén pode controlarse de xeito tradicional) e, aparte da misión principal, tamén conta cun modo multixogador co que combater ata con 3 amigos (podendo ver as expresións da cara dos colegas durante a batalla, capturadas pola cámara interior da 3DS en tempo real).
Xa está á venda Star Fox 64 3D para Nintendo 3DS
Compartir Este Artigo

