
A consola portátil convenceu aos que a probaron tanto polas súas características físicas (peso, ergonomía…) como polos seus xogos, e aínda que deberemos agardar varios meses para vela nas tendas, dende a división europea de Sony adiantan o deseño da caixa que terá a consola nos seus modelos 3G e Wi-Fi e aseguran que a consola incluirá no seu menú principal 10 iconas que facilitarán o acceso a cadansúa aplicación: – Praza de benvida: con minixogos para explorar as funcións da consola – Festa: chat de texto e voz que poderá empregarse durante as partidas (incluso xogando os distintos participantes a títulos diferentes) – PlayStation Store: tenda de descargas – Mensaxería en grupo: para manter conversas con usuarios de PS Vita, PSP e PS3 – Fotos: con acceso á cámara e ao visor de imaxes – Near: rede de xogos baseada na ubicación – Trofeos: consulta dos trofeos obtidos tanto na PS Vita como na PS3 – Música: para escoitar as cancións importadas á PS Vita dende o PC á PS3 – Amigos: lista os nosos contactos, podendo ver ao que están a xogar na PS Vita ou na PS3 – Navegador de Internet: para aproveitar a pantalla de 5 polgadas da consola para ver páxinas web
A PS Vita convenceu en Madrid
Compartir Este Artigo

