
AMIGA, considerou que os únicos recintos que en A Coruña que reunían as condicións para acoller o encontro informático eran o PALEXCO, EXPOCoruña e o Centro Ágora, resultando o primeiro economicamente inviable (por seren AMIGA unha entidade sen ánimo de lucro), non recibíndose resposta de EXPOCoruña e confirmándose a dispoñibilidade do novo Centro Ágora por parte da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá pero, a quince días do evento, comunicouse a AMIGA que o recinto pasaba a depender da Consellaría de Cultura, a que non tiña coñecemento da LAN party, o que imposibilitaba o seu uso nas datas programadas. Como alternativa aseguraban que o Colliseum estaba dispoñible, pero dende a Asociación AMIGA rexeitaron tal opción ante os problemas padecidos na última edición da Arroutada (chuvia interior).
A cancelación do evento respondería así a problemas de comunicación entre o Concello e a Asociación AMIGA, pero dende a organización aseguran que xa están a traballar para facer todo o posible para que en maio rexurda o encontro informático de máis sona en Galicia.
A Arroutada Party non se celebrará este ano
Compartir Este Artigo

