O xogo de Grasshopper Manufacture (estudo liderado por Suda51) que mestura zombis, sangue, rock & roll e unha protagonista con traxe de animadora, Lollipop Chainsaw, celebra a festividade do Halloween cun novo trailer no que amosa divertidas secuencias que serven de adianto a un xogo frenético e nas que presentan a Morikawa, un personaxe que servirá de aliado a Juliet, heroína cazadora de mortos viventes, que sorprenderá coas súas acrobacias.
Este xogo chegará ás tendas en marzo de 2012 para Xbox 360 e PlayStation 3, e promete ser unha delicia para os amantes do gore e o humor negro, así como dos xogos de acción sen máis pretensións.
Novo trailer de Lollipop Chainsaw
Lollipop Chainsaw estrea trailer para celebrar o Halloween
Compartir Este Artigo

