Para celebrar o 10º aniversario da saga Halo chega esta semana ás tendas o xogo Halo: Combat Evolved Anniversary, unha remasterización da primeira entrega das aventuras do Xefe Mestre, que saíra para a Xbox orixinal, e que agora adáptase á alta definición da Xbox 360 para que as novas xeracións poidan gozar deste xogo que foi a chave do éxito de Microsoft nas consolas de videoxogos.
O xogo foi desenvolvido por 343 Industries en colaboración con Saber Interactive e Certain Affinity, estudos que actualizaron este clásico con novas características e posibilidades, como Modo Campaña cooperativo a través de Xbox LIVE, 6 clásicos mapas multixogador redeseñados e unha nova misión de Tiroteo, Modo Clásico, logros e compatibilidade con Kinect e televisores 3D.
Trailer da edición de aniversario do primeiro Halo

