En marzo de 2012 teremos nas tendas de videoxogos Max Payne 3, xogo de Rockstar Games que recupera unha franquía de grande éxito e sona, que destacara no seu día polo uso de tempo bala durante as escenas de acción, e esta nova entrega tamén parece que vai sorprender no seu apartado técnico, de aí que dende o seu estudo de desenvolvemento estrean a estrear unha serie de vídeos (dobrados ao español) sobre o deseño e a tecnoloxía do xogo, no que poden verse numerosas escenas in-game, para facernos unha idea de elementos do xogo como as mecánicas de apuntado, o movemento e a animación, a intelixencia artificial dos inimigos e outras innovacións que achegará Max Payne 3.
Este xogo terá versións para PC, PlayStation 3 e Xbox 360 e, aparte de chegar para varias plataformas, tamén permitirá gozar de distintas encarnacións do seu protagonista, xa que a historia transcorrerá en varias liñas de tempo, polo que o envellecido Max que temos no presente non impedirá lembrar ao personaxe das 2 primeiras entregas da saga.
No nivel do xogo parece moi elevado, como podemos comprobar coa primeira reportaxe sobre o mesmo que achega Rockstar:
Max Payne 3 amosa o seu poder técnico
Compartir Este Artigo

