Reggie Fils-Aime subido ao Bumble V de LuigiA xente de Nintendo parece estar a pillarlle o gusto a promocionar os seus novos xogos para a súa consola portátil no mundo real, e tras levar un escenario do Super Mario 3D Land a Times Square, agora celebran que o vindeiro 2 de decembro vai chegar ás tendas o agardardo Mario Kart 7 cunha orixinal presenza no LA Auto Show, evento que desenvolverase no Los Angeles Convention Center ata o vindeiro domingo, e no que os asistentes poderán achegarse a modelos de tamaño real da varios vehículos de Mario Kart para tomar fotografías subidos aos mesmos. O presidente de Nintendo America subido ao kart de MarioAs réplicas a escala real dos vehículos de Mario Kart foron obra de West Coast Customs, vellos coñecidos polos seareiros do programa da MTV Pimp My Ride, que construíu versións físicas do clásico kart de Mario e do Bumble V de Luigi. Para presentar este expositor de Nintendo non faltou Reggie Fils-Aime, presidente da compañía nos EE.UU., quen asegurou que ver os karts de Mario en vivo son “un soño feito realidade”. A primeiros de 2012 o programa de televisión Inside West Customs amosará como foi a creación destes vehículos, aínda que mentres podemos ver un vídeo con algúns comentarios do artífice desta obra de arte: