Cada vez é máis difícil facer que os usuarios paguen subscricións para xogar en liña, de aí que moitos xogos masivos estean a optar solucións free-to-play, como fixo hai poucos días DC Universe Online, o que parece ser unha decisión máis que atinada, xa que nas primeiras 24 horas o servizo conseguiu sumar 120.000 usuarios para PC (o xogo tamén está dispoñible para PS3) e agora non só aseguran que na primeira semana do novo modelo de negocio conseguiron sumar 1 millóns de novos xogadores, senón que John Smedley, presidente de Sony Online Entertainment, asegura que conseguiron incrementar os seus ingresos diarios un 700% (correspondendo o 47% ao PC e o 53% á PS3).
Parece ser que o número de usuarios de DC Universe Online está a medrar agora un 6% ao día, a porcentaxe de retornos está a ser moi elevada (máis do 85% das conexións diarias corresponden a xogadores dados de alta con anterioridade) e, polo que parece, moitos son os usuarios que están a optar por adquirir contidos dentro do xogo, compensando así o feito de que o título sexa agora de balde (grazas a unha base de xogadores moi superior).
Grande éxito do salto de DC Universe Online ao free-to-play
Compartir Este Artigo

