Durante a pasada edición do Tokyo Game Show á xente de Sony enchéuselle a boca ao dicir que en decembro estrearían no Xapón a súa consola portátil PS Vita cun catálogo inicial de 26 xogos, pero ao pór os pés na terra vemos que en Europa teremos que agardar ao 22 de febreiro para tocar o novo dispositivo, que chegará polo momento con 12 xogos confirmados: Uncharted: Golden Abyss, WipEout 2048, Reality Fighters, Little Deviants, ModNation Racers: Road Trip, Everybody’s Golf, Escape Plan, Gravity Rush, Hustle Kings, MotorStorm RC, Top Darts e Super StarDust Delta.
Dende Sony tamén se lanzan a detallar unha completa listaxe de xogos actualmente en desenvolvemento para PS Vita, que na súa meirande parte corresponden a franquías presentes noutras plataformas: Army Corps of Hell de Square Enix; Asphalt: Injection de Ubisoft; Disgaea 3 Return de NIS America;Dungeon Hunter: Alliance de Ubisoft; Dynasty Warriors Next de Tecmo Koei; EA Sports FIFA Football de EA; F1 2011 de Codemasters; Lego Harry Potter: Years 5-7 de WB Games; Lumines Electronic Symphony de Ubisoft; Michael Jackson: The Experience HD de Ubisoft; Ninja Gaiden (título provisorio) de Tecmo Koei; OddWorld: Strangers Wrath de OddWorld Inhabitants; Puddle de Neko Entertainment;Pure Chess de RebelPlay; Putty Squad Vita de System 3; Rayman Origins de Ubisoft; Ridge Racer de Bandai Namco; Shinobido 2 de Bandai Namco; Silent Hill: Book of Memories de Konami; Stardrone Extreme de BeatShapers; Super Monkey Ball Banana Splitz de SEGA; Supremacy MMA de 505 Games;Tales from Space: Mutant Blobs Attack de Drinkbox Studios; The Treasures of Montezuma Blitz de Alawar Entertainment; Touch My Katamari de Bandai Namco; Troopies de Bloober Team; Ultimate Marvel vs. Capcom de Capcom; Urban Trials de Tate Multimedia; Virtua Tennis 4: World Tour Edition de SEGA; Orc Attack de Casual Brothers; Ben 10 Galactic Racing de Bandai Entertainment; Dragon’s Racing de Ignition Entertainment; Robot Rescue Revolution de Teyon; Mortal Kombat de WB Games; Assassin’s Creed de Ubisoft; Bioshock de Take Two; Street Fighter X Tekken de Capcom; Call of Duty de Activision Blizzard.
Dende Sony tamén confirman que, aparte de Twitter, Facebook e FourSquare, o servizo Social Essentials da PS Vita tamén contará con Flickr, potenciando o uso social da nova portátil.
Sony confirma os xogos que acompañarán ao lanzamento da PS Vita en Europa
Compartir Este Artigo

