O 1 de decembro parece querer converterse no Día Internacional dos Angry Birds, por coincidir no tempo varias novidades dos xogos de Rovio que tanto éxito teñen en todo o mundo, e que hai pouco superaron os 500 millóns de descargas e os 10 millóns de seareiros en Facebook. A principal novidade da xornada é a estrea dunha actualización de Angry Birds Seasons, cunha serie de niveis chamados Wreck the Halls, que con ambientación de Nadal irá desbloqueando unha nova fase diaria de aquí ao día 25.
O Angry Birds Seasons está dispoñible para iOS, Android e Mac OS X, e en breve actualizará tamén a súa versión para Symbian^3, e os seus novos niveis recuperan a ambientación de Nadal con neve, bastóns de caramelo, adornos de Nadal, campás… e un grande porco verde final ao que derrotar a partir do 25 de decembro.

Nos EE.UU. a febre dos paxaros anoxados aínda chega máis aló, e Rovio chegou a un acordo coa marca Wonderful Pistachios para lanzar o xogo The Hunt for the Golden Pistachio, que pode xogarse de balde no navegador Chrome, repartindo premios reais (pistachos de balde, bonecos de Angry Birds e ata 25.000 dólares) e contando con varios niveis que poden desbloquearse con códigos incluídos nas bolsas de pistachos da marca que patrocina este título que poderá xogarse ata o 1 de xaneiro de 2012.
Os paxaros anoxados comezan a celebrar o Nadal
Compartir Este Artigo

