A tempo para o Nadal, Electronic Arts estreou a pasada fin de semana no Android Market unha versión oficial e completa do clásico xogo de mesa Monopoly, que pode mercarse por 3,99 euros e que tira proveito da pantalla táctil de móbiles e tablets para adaptar a xogabilidade do título orixinal aos novos dispotivos, conservando o deseño do taboleiro e a mecánica.
Esta versión do Monopoly conta con 3 niveis de dificultade, permite gardar o estado das partidas e incluso está aberto á personalización do número de xogadores, as regras e o contorno de xogo.
Os que coñecían a versión de sobremesa do Monopoly gustarán de detalles como que a versión en español do título permita percorrer a Estación de Goya, o Paseo do Prado e o Paseo da Castellana entre outras localizacións que podían considerarse tradicionais nas vellas edicións do xogo de mesa.
Este título xa chegara á App Store o ano pasado, e actualmente está dispoñible a un prezo considerablemente inferior ao da versión para Android (só 0,79 euros).
Vídeo promocional da versión do Monopoly para iOS
O Monopoly chega oficialmente a Android
Compartir Este Artigo

