O grande éxito de PopCap Games, Plants vs Zombies, chegou hoxe ao Android Market a un prezo de 2,39 euros, de xeito que este xogo que xa leva tempo no iPhone e no iPad está finalmente dispoñible tamén para os dispositivos co sistema operativo Android (para os que estaba presente ata o momento só a través da Amazon App Store, inaccesible dende Europa).
O xogo permite colocar unha serie de plantas no xardín e no tellado do noso fogar para evitar un ataque de mortos viventes. Tanto as plantas coma os zombis teñen distintas habilidades, para dar pé a un completo tower defense, no que tempos 49 variedades de planta e 26 tipos de zombi.
Plants vs Zombies conta con 50 niveis no modo Aventura, 10 divertidos logros, gráficos moi simpáticos, boa banda sonora e un vídeo musical adicional para os que consigan completar un dos xogos adaptados a máis plataformas nos últimos tempos, confirmándose nas últimas horas que tamén dará o salto á PS Vita en 2012.
Plants vs Zombies chega ao Android Market
Compartir Este Artigo

