Microsoft vén de anunciar que na vindeira primavera vai ser posible descargar de balde o seu Microsoft Flight, popular simulador aéreo que permitirá gozar durante horas voando sobre a grande illa de Hawai. Amais, os usuarios que fagan uso dunha conta en Games for Wndows – LIVE poderán recibir de balde contido adicional coma o lendario avión Boeing Stearman, novas misións e acceso a logros e un perfil de piloto en liña.
Os usuarios que queiran gozar dunha experiencia mellor tamén poderán pagar por contidos adicionais, de xeito que estariamos nun salto ao free-to-play, que é unha tendencia en alta.
Demostración en vídeo do que achegará o Microsoft Flight en primavera
O Microsoft Flight será de balde en primavera
Compartir Este Artigo
