As tendas de videoxogos españolas reciben hoxe cos brazos abertos a The Darkness II, título desenvolvido polo estudo Digital Extremes para PC, PlayStation 3 e Xbox 360 que está baseado nun cómic da editorial Top Cow e no que tomamos o papel de Jackie Estacado, o líder dunha organización criminal que leva no seu interior unha forza demoníaca coñecida como a Escuridade, que a efectos prácticos funciona como un par de brazos demoníacos que permiten cortar, agarrar e arroxar, mentres que os brazos humanos serven para empuñar ata 2 armas de fogo, deixando claro que o xogo non ten reparo á hora de amosar violencia e terror.
The Darkness II é un bo shooter en primeira persoa, que conta con numerosas armas, poderes sobrenaturais e o reto de ter que recuperar a enerxía para sobrevivir nunha aventura que busca acadar unha estética propia dos comics. Un xogo para maiores de 18 anos que pode recomendarse tanto a amantes do cómic como da súa primeira entrega.
Trailer de lanzamento do xogo
O violento The Darkness estrea secuela
Compartir Este Artigo
