Hai preto dun ano que a Nintendo 3DS chegou ás tendas xaponesas, para chegar un mes despois a España, e dende Nintendo aproveitan a ocasión para facer repaso do resultado de vendas da nova portátil no seu territorio, chegando a uns datos un tanto abraiantes, xa que ao chegar aos 5 millóns de unidades vendidas en 52 semanas converteuse superou a outra consolas de Nintendo (Game Boy Advence, Nintendo DS e Wii) en velocidade de adopción no mercado nipón.
Aínda que pareza que en España a situación podería ser diferente, as cifras tampouco distan moito, e en menos dun ano a Nintendo 3DS xa superou en máis do 35% o volume de negocio da primeira Nintendo DS (a que, ata o momento, era a consola portátil máis vendida da historia), o que parece difícil de crer pola complicada conxuntura económica e a emerxencia dos smartphones e tablets, que parecían pór en perigo o futuro das consolas portátiles.

Dentro dun mes tamén veremos como chega ás tendas Kid Icarus: Uprising, título que tamén podería ter unhas vendas importantes, por estarmos ante un xogo pensado para explotar o potencial da 3DS e recuperar un xogo clásico do que moitos gardaban un bo recordo.
A Nintendo 3DS convértese na consola con mellores vendas no seu primeiro ano de vida
Compartir Este Artigo
