Vodafone e Sony anunciaron esta mañá as tarifas que ofrecerán aos usuarios que adquiran o modelo 3G da nova portátil PS Vita, que estará dispoñible oficialmente o vindeiro mércores a partir de 199 euros cun contrato de Internet móbil de a partir de 25 euros/mes ou por 249 euros cun contrato de Internet móbil de 15 euros/mes. No caso de optar por prepagamento, a consola sairía por 319 euros. Con esta oferta a consola incluirá unha tarxeta de memoria de 4 Gb. Os usuarios que contraten a conexión de Internet móbil con Vodafone tamén poderán gozar do xogo WipEout 2048 de balde.

Entre as novidades que achegará a PS Vita destaca un sistema que permite gozar dun mesmo título na consola portátil e na PlayStation 3 (o que permitiría tanto gozar dun modo multixogador interconsolas como da posibilidade de continuar unha partida na outra consola) que polo momento soportarían xogos como MotorStorm RC, Top Darts, Hustle Kings, WipEout HD, HD Fury para WipEout 2048 e o contido descargable de Marvel vs Capcom 3 (que unha vez mercado poderá descargarse tanto para PS Vita como para PS3).
Publican os prezos do modelo 3G de PS Vita
Compartir Este Artigo

