O vindeiro día 23 porase á venda en toda Europa o xogo Ninja Gaiden 3, proxecto dos estudos Team Ninja que nesta ocasión carecen da participación do creador da saga, Tomonobu Itagaki, polo que esta entrega vai ser analizada con lupa polos seareiros das aventuras de Ryu Hayabusa, guerreiro ninja que vivirá unha nova historia, terá un novo estilo e modos de xogo, buscando facer que o usuario viva a sensación de asasinar a alguén durante o xogo.
Ninja Gaiden 3 contará con capacidades multi-xogador, tanto en modalidade cooperativa como competitiva, o que engade unha experiencia totalmente nova a esta saga. Para facernos unha idea do que suporá este título podemos ver o trailer de lanzamento do xogo estreado hoxe mesmo:
Ninja Gaiden 3 estrea o seu trailer de lanzamento
Compartir Este Artigo
