Connor non tomará partido por ningún bando da Revolución Estadounidense, senón que os enfrontamentos só serán circunstanciais (os seus inimigos seguen a ser os templarios)Aínda que falta bastante para que o 30 de outubro chegue ás tendas o xogo Assassin’s Creed III, Ubisoft anunciou que este título está a superar todas as marcas de reservas anteriores e, aínda que non desvelan os datos exactos, comentan que nas 3 semanas nas que pode encargarse o xogo nos EE.UU. superou a Assassin’s Creed: La Hermandad en todos os meses previos ao seu lanzamento e multiplicou por 10 as acadadas por Assassin’s Creed: Revelations no mesmo período de tempo. Paralelamente no blog oficial de PlayStation publican unha entrevista co director creativo do xogo, Alex Hutchinson, quen adianta moitos detalles sobre a nova desta importante saga, coma o feito de que o protagonista, ao ser un nativo americano, non toma partido na guerra entre casacas vermellas e patriotas, senón que conserva o tradicional enfrontamento entre assassins e templarios, de xeito que a Revolución Estadounidense só será o escenario deste novo capítulo, non tendo que participar activamente no seu desenvolvemento o assassin protagonista (a historia comeza antes da revolución e continúa despois da mesma). O protagonista de Assassin’s Creed III poderá empregar 2 armas a un tempoHutchinson tamén asegura que o sistema de combate do xogo renovouse completamente, permitindo que o protagonista poida empregar varias armas á vez, con movementos que poden lembrar á película El Último Mohicano e moito equipamento novo, como corresponde ao cambio de situación que ten esta historia con respectos aos títulos precedentes. Parece así que o feito de saltar na numeración de Assassin’s Creed está máis que xustificado, ofrecendo un título realmente novo, que agradecerán os seareiros dunha das principais franquías da actual xeración.