O estudo Wayforward Technologies está a traballar con Majesco para devolver á vida o clásico xogo Double Dragon o vindeiro mes de xullo como título descargable para Xbox 360 e PlayStation 3, deixando clara a súa vocación de homenaxe aos xogos dos anos 80 no nome que adoptará esta actualización dun clásico: Double Dragon Neon.
Este beat’em up presenta aos irmáns Lee (Billy e Jimmy) que deben loitar contra todo o que se lle poña diante para rescatar á tradicional dama en apuros (Marian) dun malvado chamado Skullmageddon. Estamos ante un xogo de desprazamento lateral en 2D (con gráficos renderizados en 3D), no que os protagonistas poden defenderse non só coas súas propias mans, senón tamén facendo uso de bates de béisbol, látegos ou granadas de man dos moitos inimigos pertencentes ao Clan do Dragón Negro.
Trailer de Double Dragon Neon no que poden verse os primeiros momentos de xogo
O clásico Double Dragon rexurdirá este verán para Xbox 360 e PlayStation 3
Compartir Este Artigo

