Un dos xogos de loitas de mellor acollida dos últimos meses é o Street Fighter x Tekken, e Capcom confirmou que finalmente terá versión para a consola portátil PS Vita a finais de ano, que será bastante mellor do que moitos podían agardar, pois incluso será compatible coa funcionalidade Cross Play, ou sexa, que poderá competirse en liña non só con outros usuarios do xogo para PS Vita, senón tamén con usuarios de PlayStation 3, dando a entender que a diferenza entre ambas pantallas sería o tamaño da pantalla empregada e non as posibilidades do xogo.
Street Fighter x Tekken para PS Vita tamén soportará controis táctiles, terá modo multixogador en local ou a través de Wi-Fi e confirmouse que contará con 12 loitadores adicionais agrupados en parellas (para tecer as súas historias): Dudley e Elena; Christie e Lei; Sakura e Blanka; Lars e Elisa; Brian Fury e Jack X; e Guy e Cody.
Trailer de Street Fighter x Tekken para PS Vita
Street Fighter x Tekken terá versión para PS Vita
Compartir Este Artigo
