Tras o éxito de Trials HD no Bazar de Xbox LIVE a semana pasada chegou a súa agardada secuela, Trials Evolution, que supón unha importante renovación do xogo de carreiras de moto no que a habilidade será a que permita superar os numerosos obstáculos que hai no camiño a través de 50 pistas para un xogador á que acompaña un modo para entre 2 e 4 xogadores tanto en local como en liña, engadindo diversión. Trials Evolution tamén conta cun completo editor de pistas, que poden compartirse co resto de usuarios a través da Internet, facéndoo un título moi completo, que seguirá vivo durante moitos meses, valendo cada un dos 1.200 puntos que custa (uns 14,40 euros).
A acollida deste xogo para Xbox 360 está a ser moito mellor do que podería agardarse, con máis de 100.000 xogadores publicando as súas puntuacións no xogo durante o día do seu lanzamento (forzando o seu bloqueo temporal para preparar os servidores para tal carga). O xogo de RedLynx converteríase así no xogo de Xbox LIVE Arcade que máis vendeu nas súas primeiras 24 horas.
Trailer do xogo de RedLynx editado por Ubisoft
Trials Evolution arrasa en Xbox LIVE Arcade
Compartir Este Artigo
