Como anticipo ao lanzamento de Spec Ops: The Line o vindeiro 29 de xuño para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, hoxe chega para os usuarios Gold de Xbox LIVE a súa versión de demostración (o resto de usuarios da Xbox 360 poderán acceder á demo a partires do martes que vén), que cun tamaño de 1,45 Gbytes permite probar parte dun par de misións da campaña deste xogo de acción en terceira persoa ambientado nunha hipotética Dubai devastada por tormentas de area onde se desencadea todo un conflito no que tiña que ser unha simple misión de rescate por parte dun equipo de Deltas ao mando do capitán Walker, personaxe que controlaremos nesta historia inspirada libremente na novela Corazón da Escuridade de Josep Conrad.
A demostración deste xogo elaborado por Yager Development estará dispoñible a través da PlayStation Network dende mañá mesmo.
Spec Ops: The Line estrea demo
Compartir Este Artigo
