O venres da semana que vén chegará oficialmente ás tendas ás versións para Xbox 360 e PlayStation 3 do agardado xogo Max Payne 3 (os usuarios de PC deberán agardar ao 1 de xuño), e para quentar os últimos días de espera Rockstar Games estrea o trailer de lanzamento do xogo, no que lembran o tráxico pasado de Max, mentres reflexiona sobre os acontecementos que o levaron da súa vella vida en New York a unha situación descontrolada no Brasil.
Pero aínda que o lanzamento do xogo para PC chegue con certo retraso, os usuarios que o reserven a través de Stream levarán de balde as dúas primeiras entregas do xogo (que xa adquirise os xogos a través de Steam poderá agasallar a nova copia a un amigo). Amais, quen se sume en Stream á comunidade de xogadores de Rockstar antes do 15 de maio recibirán unha copia do xogo de velocidade Midnight Club 2.
Trailer de lanzamento do xogo con subtítulos en español
Max Payne 3 estrea o seu trailer de lanzamento
Compartir Este Artigo
