Tras o xogo Mortal Kombat vs DC Universe a franquía de Mortal Kombat recuperou folgos, e mesmo recuperou as súas orixes no Mortal Kombat que puidemos ver o ano pasado (que omitía o IX do seu título como mostra diso), pero a xente de Midway Games (estudo que tras integrarse en Warner Bros Interactive Entertainment responde ao nome de NetherRealm Studios) non quería abandonar aos personaxes de DC, e hoxe anuncian que están a traballar en Injustice: Gods Among Us, xogo que chegará en 2013 a Xbox 360, PlayStation 3 e Wii U, e que contará coas contrapartidas malvadas de Superman, Batman, Wonder Woman e Flash (posiblemente inspiradas no Sindicato do Crime dos comics) que loitarán entre si e con outros personaxes coñecidos como Harley Quiin, Solomon Grundy (ambos aparecidos recentemente en Batman: Arkham City) e Lex Luthor.
Este novo xogo contará coa mesma mecánica que os Mortal Kombat, con combates de un contra un, aos que hai que engadir golpes especiais e impresionantes ataques finais, que terán lugar nun mundo no que a liña que separa o ben do mal está pouco clara, e os distintos personaxes dará pé a batallas épicas a grande escala.
Dá a impresión de que estamos ante unha revisión de Mortal Kombat vs DC Universe, no que optouse por crear unha nova franquía como xeito de destacar, el boa medida, pola liberdade que permite elixir as versión maléficas de superheroes coñecidos para desencadear a súa forza. Para poder facernos unha idea do que ofrecerá o xogo (do que darán máis detalles a semana que vén durante o E3) xa temos o seu primeiro trailer:
Versións malvadas dos superheroes de DC protagonizarán un videoxogo de loita
Compartir Este Artigo
