Aínda que algunhas secuencias de Tomb Raider suxerisen mecánicas moi semellantes ás de Uncharted, ao parecer só serán momentos puntuais do xogoTras a presentación dun impresionante trailer do xogo Tomb Raider durante a pasada edición do E3, puidemos facernos unha idea do que achegará o xogo de Crystal Dynamic á PlayStation 3, a Xbox 360 e o PC o vindeiro 5 de marzo, cambiando considerablemente a franquía, de xeito que teremos máis un xogo de mundo aberto que un plataformas, podendo tamén evolucionar as habilidades de Lara Croft e o seu equipamento. O xogo tamén terá unha historia lineal, só que entre os distintos puntos da trama será posible explorar con certa liberdade, pois distintos lugares non serán lineais, podendo visitarse en varios momentos para descubrir novas cousas. Temos así que, aínda que inicialmente o xogo parecía estar inspirado na saga Uncharted, a xente de Crystal Dynamics asegura que Tomb Raider ten unha identidade de seu, cunha experiencia de xogo moi diferente. Tras o secuestro dunha amiga, Croft padecerá un intento de violación que parecen querer ocultar os responsables de Crystal DynamicsA publicación do novo trailer do xogo tamén está a dar moito que falar por mor dunha escena na que Lara Croft parece ter que defenderse dun intento de violación, desencadeando unha situación de vida ou morte que desemboca na primeira vez que a protagonista da saga ten que rematar cunha vida humana, momento crucial na vida de Croft. Dende Crystal Dynamics publicaron hoxe mesmo un comunicado no que aseguran categoricamente que o xogo non aborda “ningún tipo de asalto sexual”, asegurando que as referencias a tal feito que apareceron na prensa foron froito de certos malentendidos durante as entrevistas concedidas polos responsables deste título. Estas afirmacións só dan a entender que dende Crystal Dynamics queren evitar polémicas de índole sexual.
Trailer de Tomb Raider no que podemos ver a polémica escena do intento de violación