
Con estes cartos Massive Black pretende conseguir que este xogo de nenos, que non é para nenos, vexa a luz. Serían un título en liña, baseado en equipos, con elementos de RPG, no que uns cativos deberán sobrevivir a un apocalipse zombi no seu colexio, facendo uso de numerosas armas, no que os seus responsables consideran que é unha mestura das películas Goonies e Attack the Block coa serie Walking Dead.
As achegas económicas conseguidas polo momento permitirán o desenvolvemento dun xogo para PC e Mac que na súa versión alfa permite partidas cooperativas de 2 xogadores en liña, para que na versión final permita xogar a 4 xogadores á vez. Os personaxes poden asumir 2 clases diferentes, terán numerosas armas, poderá personalizar a súa roupa e contarán con numerosos elementos de RPG (como habilidades específicas e sistema de niveis).
De ter acadado máis cartos o xogo podería ter saído tamén para Linux, contar con modos de xogo de 2 contra 2 e 4 contra 4, adoptar o modelo de negocio free to play e moitas outras características que polo momento non parecen posibles.
Vídeo dunha versión pre-alfa que pode dar unha idea de como será o xogo
Kickstarter permitirá facer realidade o xogo Zombie Playground
Compartir Este Artigo
