A tendencia de facer un seguimento da nosa actividade física que está a gozar de tanta sona por servir de incentivo para a realización de exercicio chega á Xbox 360 cunha nova aplicación que hoxe chega a Xbox LIVE nos EE.UU.(chegará a España a finais de semana) baixo o nome de KINECT PlayFit que recolle o número de calorías que queimamos en xogos para KINECT como Dance Central 2, Kinect Star Wars ou Your Shape Fitness Evolved 2012, permitindo así facer un seguimento da nosa actividade xerando estatísticas persoais e incluso táboas de clasificación globais.
A actividade física diante da consola tamén verase recompensada con logros en KINECT PlayFit, puntos e premios para o noso avatar. Estamos ante a primeira aplicación deste tipo para unha consola de videoxogos que destaca principalmente pola motivación provocada pola súa vertente social, fomentando o uso de videoxogos fisicamente activos como complemento do exercicio tradicional.
Unha nova aplicación facilitará o seguimento da nosa actividade física con KINECT
Compartir Este Artigo
