Tiny Wings incorpora novos modos de xogo na súa actualizaciónO ano pasado un dos xogos de máis éxito no iPhone foi Tiny Wings, que cunha mecánica moi sinxela (só precisaba de tocar a pantalla do móbil para controlar a velocidade de caída dun paxaro para conseguir percorrer a maior distancia posible e superar distintos retos) conseguiu acumular millóns de descargas e mesmo foi elixido como o mellor xogo para iPhone no App Store Rewind 2011 en Europa, e esta mesma noite actualizouse de balde á súa versión 2.0 como agradecemento aos seus usuarios á vez que estreou unha versión para iPad que pode adquirirse por 2,39 euros. Tiny Wings HD permite xogar a pantalla partidaEntre as novidades de Tiny Wings temos un novo modo de xogo (Escola de voo), 15 niveis feitos a man, novos poliños na familia, soporte de pantalla Retina, voos nocturnos, compatibilidade con iCloud, menú mellorado e máis idiomas (entre os que figura o español). Isto no que se refire ao xogo para iPhone, pois o xogo para iPad conta con moitas máis novidades como un modo multixogador nun único iPad (cun modo a pantalla partida). Tiny Wings HD ten 3 modos de xogo (Excursión, escola de voo e festa no outeiro) e permite xogar como paxariño ou como a súa nai. Unha interesante renovación do xogo que sen dúbida sumaralle aínda máis seareiros.
Orixinal vídeo promocional da actualización de Tiny Wings