A actual relevancia de Cyborg nos comics de DC valeulle un lugar no xogoDe cara á celebración da Comic-Con de San Diego son moitos os anuncios das industrias da televisión, o cine ou os videoxogos que se realizan aproveitando a presenza de numerosos seareiros da cultura popular (encabezada polo mundo da banda deseñada neste evento) así como de numerosos medios de comunicación, pero por fortuna, algún destes adiantos si casa ben o mudo do cómic coa súa industria en concreto, como é o caso do xogo Injustice: Gods Among Us, que vai chegar o ano que vén en versións para PlayStation 3 e Xbox 360, e está protagonizado por versións alternativas de personaxes de DC Comics. O primeiro Robin participa neste xogo como NightwingComo grande anticipo deste novo título de NetherRealms Studios, vén de estrearse un novo trailer do xogo no que podemos ver non só a Superman, Batman, Wonder Woman, Flash, Solomon Grundy e Harley Quinn, senón que tamén fan acto de presenza Cyborg e Nightwing, engrosando o cada vez máis amplo catálogo de personaxes dun xogo que parece saber manterse na liña da franquía de Mortal Kombat sen ter que superar certos límites que claramente non permitiría a Warner (como decapitar aos seus personaxes). Pero non é a única información que temos estes días sobre o xogo, senón que dende o Blog oficial de PlayStation tamén publican unha entrevista a Ed Boon, director creativo de Injustice: Gods Among Us, na que deixa claro que os personaxes do xogo non son os que coñecemos dos comics, comentando a importancia que están a tomar os fondos interactivos na súa produción e incluso asegurando que van a incorporar detalles que marcarán a diferenza con respecto aos seus xogos de loita anteriores, no que poderían ser os primeiros pasos do seu estudo para desenvolver xogos que non pertencesen a este xénero.