
Se miramos a última semana, a PS Vita tería vendido 11.544 unidades no Xapón, que continúa a estar moi lonxe da 3DS (con 51.930 unidades) pero é un resultado relativamente bo porque por fin consegue superar á súa consola predecesora, a PSP, que aínda vende 10.627 unidades, deixando claro que a principal eiva da PS Vita é a ausencia de xogos de peso.
De feito, o xogo de máis éxito, Persona 4 The Golden tivo que confirmarse con 188.782 copias vendidas, bastante lonxe de Everybody’s Golf 6 con 118.985 unidades e Uncharted: Golden Abyss con 89.390 copias e o prometedor Gravity Rush con 74.785 copias. Confírmase así que o potencial técnico da PS Vita (capaz de correr xogos comparables aos das consolas domésticas) non é dabondo para os usuarios, que sen xogos atractivos non optan pola nova plataforma portátil de Sony, de xeito que será preciso que nos vindeiros meses reforcen o catálogo desta consola se non queren que remate no esquecemento, pois agora non só compite con Nintendo, senón que tamén ten que enfrontarse a plataformas móbiles (principalmente iOS e Android) que cada vez gozan de máis éxito.
A PS Vita continúa sen consolidarse no Xapón
Compartir Este Artigo
