Nun futuro próximo un reality show televisivo chamado Bullet Run consiste en enfrontar a numerosos concursantes nun campo de batalla no que combaterán a morte con munición, armas e o seu propio estilo persoal. Este é o argumento dun novo videoxogo se Sony Online Entertainment que dende as últimas horas está dispoñible como Free-To-Play, de xeito que pode gozarse de balde, pero para acceder a contidos adicionais hai que realizar adquisicións dentro do xogo.
Este título desenvolvido por ACONY Games está orientado ao multi-xogador competitivo por equipos, contrólase en primeira persoa e permite unha alta personalización dos personaxes para que resulten atractivos para a suposta audiencia do programa de televisión no que están a partiicpar.
Bullet Run conta con 8 habilidades mortais (que poden adestrarse durante os combates), 6 areas, partidas de ata 20 xogadores en modos Deathmatch por equipos ou Dominación, armas personalizables dando lugar a milleiros de combinacións e incluso unha comunidade en liña para poder comunicarte cos amigos para unirte a partidas ou chatear en privado.
Para gozar deste xogo precisamos dun ordenador que como mínimo conte con Windows XP/Vista/7, procesador Intel Core 2 Duo ou AMD Athlon 3400+, 1 Gb de RAM, gráfica nVIDIA GeForce 6800 ou ATI X1900 e, por suposto, conexión á Internet.
Vídeo de presentación do xogo
Sony estrea un FPS en liña Free-To-Play para PC
Compartir Este Artigo
