A finais do ano pasado a App Store recibiu Call of Duty: Black Ops Zombies, título baseado no modo zombis do Call of Duty: Black Ops de Treyarch, pero adaptándose ás posibilidades de dispositivos táctiles, e finalmente Activision e Glu Mobile decidiron levar a mesma experiencia a Android, de xeito que xa é posible descargar este título a través de Google Play a un prezo de 5,49 euros.
Call of Duty: Black Ops Zombies inclúe os mapas Kino Der Toten, Ascension e Call of the Dead: Director’s Cut, así como Dead-Ops Arcade, que permiten horas de diversión en solitario, aínda uqe o xogo tamén conta cun modo de xogo en rede de xeito que valéndonos de conectividade Wi-Fi poderemos gozar de partidas de ata 4 xogadores. Aínda que o xogo debería funcionar para a meirande de terminais con Android, por un período limitado estará só dispoñible para terminais Sony Xperia Play Optimized, como o Xperia Play (que destacaba por uns controis físicos ao máis puro estilo da PSPGo), o Xperia S e o Xperia Ion.
Os zombis de Call of Duty chegan a Android
Compartir Este Artigo
