Hai 2 anos o Bazar de Xbox LIVE recibiu o xogo Scott Pilgrim vs The World: The Game, título inspirado nun cómic que poucos meses despois sería levado ao cine, e que conseguiu unha acollida moi boa pola súa peculiar estética (fiel ao cómic, aínda que imitando aos clásicos xogos de 8/16 bits, o que reforza a súa banda sonora con máis de 30 cancións orixinais do grupo ANAMANAGUCHI) e numerosas referencias á cultura dos videoxogos, tomando como forma a dun beat’em up clásico (en 2D). Despois de tanto tempo poderiamos pensar que este título estaba xa abandonado polos seus desenvolvedores, pero no blog de Major Nelson deron conta de que a partires do 19 de agosto será posible facerse cun contido descargable para o mesmo por 400 Microsoft Points (4,8 euros) que incluirá o Wallace Pack (que entendemos que incluirá como personaxe xogable a Wallace Wells, compañeiro de piso de Scott Pilgrim) e un modo multi-xogador en liña (ata o momento só contaba con multi-xogador local).
Sorprende ver como un xogo deste tipo continúa a recibir actualizacións tras tantos meses, o que por outra banda podería supor o remonte das súas vendas, por colocar de novo ao título no punto de mira dos usuarios de Xbox LIVE.
O xogo de Scott Pilgrim contará con modo multixogador en liña
Compartir Este Artigo
