Aínda que certos xogos se distribúen unicamente de xeito descargable a un prezo relativamente reducido, de cando en vez deciden recompilar varios títulos deste tipo para poder vendelos en soporte físico, achegándoos a quen non ten a posibilidade de mercar a través de Rede ou incluso como un xeito económico de facerse cunha boa colección de títulos de grande interese, e neste liña Ubisoft confirmou que o 21 de setembro vai sacar unha nova Xbox LIVE Hits Collection con Beyond Good & Evil HD, From Dust e Outland.
Só a remasterización en alta definición de Beyond Good & Evil xustificaría a adquisición deste lote para moitos, pero os outros xogos tampouco son mancos (From Dust ten un 80 sobre 100 en Metacritic e Outland conseguiu sumar un 84 sobre 100 grazas ás súas magníficas críticas).
En formato descargable os xogos terían un prezo total de 2.800 Microsoft Points (33,60 euros) mentres que en Play.com xa aceptan pedidos por 21,49 euros (portes incluídos) polo que parece que estamos ante unha compra bastante recomendable.
Ubisoft recompilará en formato físico 3 dos seus xogos descargables para Xbox 360
Compartir Este Artigo
