A primeiros de xullo comentamos que o clásico Pitfall ía celebrar o seu 30º aniversario cunha versión móbil, dentro dunha nova estratexia de Activision de recuperación das súas vellas franquías como xogos para dispositivos móbiles, e finalmente temos o xogo aquí. Hoxe chegou á App Store PITFALL!, xogo universal (para iPhone e iPad) que está á venda por 0.79 euros e que muda de concepción para achegarse máis a título como Temple Run que ás súas entregas anteriores.
A nova aventura consiste en fuxir da furia dun volcán mentres recollemos tesouros antigos a través dunha selva mortal chea de sorpresas e recunchos que nos manterán alerta. Este xogo de reflexos permitiranos saltar para esquivar obstáculos e empregar o látego para rematar cos inimigos (como serpes e escorpións) baseando os seus controis na inclinación do noso dispositivo móbil e en arrastrar o dedo pola súa pantalla táctil.
Trailer do novo PITFALL! para iPhone e iPad
O aventureiro Pitfall Harry estréase en dispositivos móbiles de Apple
Compartir Este Artigo
