
Rara vez se anuncia un título tan interesante con tan pouca antelación, o que axudará a achegar miradas a este xogo no que tomaremos o papel de Nilin, unha cazadora de memoria de elite que realiza movementos atléticos, domina as artes marciais e ten a habilidade de meterse na mente das persoas para roubar e incluso mudar as súas lembranzas, que ten que enfrontarse ao reto de recuperar a súa identidade despois de que roubaran os seus recordos.
O xogo terá lugar nunha futurista cidade de París, á que contribuíron artistas como o debuxante de comics Todd MacFarlane (creador de Spawn). Parece que estaremos ante un título cunha mecánica semellante á de Uncharted, pero cunha ambientación radicalmente distinta, como podemos ver no seu primeiro trailer:
Tamén podemos ver algúns momentos do xogo en acción no seguinte vídeo:
