Jaime Martínez conseguiu chegar á final mundial de PokémonEntre os pasados días 10 e 12 de agosto tivo lugar en Hawai a final dos Campionatos Mundiais de Pokémon, no que os mellores xogadores do mundo tanto do xogo de cargas coleccionables como dos videoxogos de Pokémon competiron, e no que vimos de saber que un español quedou nunha magnífica posición: foi Jaime Martínez Alonso, que acadou un 2º posto na categoría sénior (para nacidos entre 1997 e 2000) dos videoxogos de Pokémon, só por detrás do norteamericano Toler Webb. De feito, nos dous primeiros postos das 3 categorías por idades dos videoxogos de Pokémon Martínez foi o único galardoado que non procedía de EE.UU., pese a que na competición participaban xogadores de máis de 30 países. Parte dos finalistas da competición e os seus equipos estarán dispoñibles a través da Conexión Wi-Fi para os xogos Pokémon Edición Negra 2 e Pokémon Edición Blanca 2 que saen á venda o 11 de outubro, de xeito que o resto de xogadores poderán baterse con estes extraordinarios contrincantes.