
O xogo está baseado na película de Star Trek dirixida por J.J. Abrams, narrando sucesos acontecidos despois da mesma, e cunha trama protagonizada por Kirk e Spock (o que tamén serve para desenvolver un modo cooperativo) e que servirá de precuela pada película da saga que se estreará en maio de 2013. Na versión en inglés do xogo contan coas voces de Chris Pine e Zachary Quinto para interpretar os seus personaxes.
Nesta aventura situada entre as dúas primeiras películas da nova saga espacial Kirk e Spock deberán enfrontarse a uns inimigos que xa aparecían na serie televisiva orixinal de Star Trek, unhas criaturas con forma de lagarto chamadas Gorn, que queren dominar a galaxia.
Novo trailer do xogo de Star Trek
Un videoxogo fará de ponte entre as películas de Star Trek de J. J. Abrams
Compartir Este Artigo
