
A actividade comezou cun proceso inicial de escolma ao que se presentaron máis de 500 empresas de 20 países, seleccionándose finalmente un total de 120 compañías que competiron durante tres xornadas amosando os seus produtos e tecnoloxía. O exame da súas propostas foi levado a cabo por profesionais da escena tecnolóxica de Londres e de empresas de primeira fileira (Google, JPMorgan, Bloomberg Ventures, etc).
2Mares o devandito produto foron elixidos entre os 16 gañadores, que foron conducidos nun dos clásicos autobuses da cidade, aínda que amosando un deseño futurista, ata o número 10 de Downing Street, onde foron obxecto de diversos premios, sinalan fontes da empresa galega. Segundo nos conta Enrique de Miguel, CEO de 2Mares, “ademais da satisfacción de ter obtido este recoñecemento ao esforzo do equipo da empresa nos últimos 2 anos de traballo, esta foi unha oportunidade excelente para dar a coñecer a nosa tecnoloxía e produtos nun mercado como o de Reino Unido, e establecer contactos que nos van a axudar no camiño de construír un produto global así como a internacionalización da nosa empresa e mercados”.
A galega 2Mares faise un oco entre as gañadoras das olimpíadas tecnolóxicas europeas
Compartir Este Artigo

