
O incremento rexístrase nos tres sectores de actividade analizados por CENATIC: servizos, construción e industria, que experimentaron un crecemento interanual de 7,9 puntos; 1,3 puntos e 2,2 puntos porcentuais respectivamente, nas empresas de máis de 10 traballadores.
Segundo informan dende a entidade pública, “este incremento débese en boa media a un maior uso dos navegadores web de software libre”, utilizados polo 75,1% das empresas con máis de 10 traballadores no ano 2012, “pero tamén ao uso de aplicacións ofimáticas (56,8%), de sistemas operativos (32,2%) e doutras aplicacións de uso libre”, concisan.
Os datos achegados polo Observatorio do Centro Nacional de Referencia do Sofware Libre (CENATIC) confirman que as empresas de maior tamaño no noso país apostan polo uso de software libre, “como estratexia para mellorar a produtividade e reducir custos”, aseguran; “neste senso”, engaden, “no conxunto do Estado, un 82,3% das empresas con máis de 250 traballadores utilizaron esta tipoloxía de software durante o ano 2011”.
No caso das empresas de menos de 10 empregados, o informe indica que só o 45,5% recoñece que utilizou algunha tipoloxía de software de código aberto durante o ano 2011, e que as ferramentas informáticas máis utilizadas foron os navegadores de Internet (36%) e as aplicacións ofimáticas (29,8%), como é o caso de Mozilla Firefox e Open Office respectivamente.
A empresas galegas apostan cada vez máis polo uso de software libre
Compartir Este Artigo

