Os seareiros dos xogos de fútbol terán esta semana nas tendas o seu agardado FIFA 13 para consolas de videoxogos, pero a súa versión móbil adiántase un par de días, e xa está dispoñible na App Store por 5,49 euros (como aplicación universal), permitindo que usuarios de iPhone, iPod Touch e iPad poidan darlle xa ao balón cuns gráficos bastante realistas para o xogo móbil, un control preciso, a posibilidade de competir en liña contra outros xogadores, participar en competicións reais e gozar das vantaxes dun xogo coas debidas licenzas que permite que goce de 30 ligas, 500 equipos, 32 estadios e máis de 15.000 xogadores reais.

Adicionalmente podemos destacar un novo sistema de caneos inspirado en Lionel Messi, cun preciso control para enfrontarse aos opoñentes, levando certa creatividade aos encontros deportivos, e coa posibilidade de facer impresionantes filigranas.
FIFA 13 estrea versión para iPhone e iPad
Compartir Este Artigo
