Nun momento no que o sector do lecer electrónico aposta polos contidos en liña sorprende a última xogada de Sony, que anunciou que, cando menos nos EE.UU., a versión do director da película Desafío Total que chega nunha edición que inclúe 2 discos Blu-ray (con 20 minutos extra do filme que actualmente pode verse nos cines, un final alternativo e hora e media de contidos adicionais), 1 DVD e a posibilidade de ver o filme a través de Ultraviolet va contar cunha pequena sorpresas nos deus discos Blu-ray, consistente nunha versión de demostración da campaña para un xogador de God of War: Ascensión, xogo para PS3 que sairá en marzo de 2013.
A demo modo novo God of War puido engadirse á película de Colin Farrell, Kate Beckinsale e Jessica Biel (remake da homónima protagonizada por Arnold Schwarzenegger) grazas ao uso de discos Blu-ray híbridos, que non son moi frecuentes, pero que permite mesturar nun único disco contidos de distinto tipo.
O Blu-ray de Desafío Total incluirá a demo de God of War: Ascensión
Compartir Este Artigo
