Aínda que habitualmente o Kinect da Xbox 360 emprégase para xogos de baile ou deportivos, no seu catálogo figuran algúns xogos de loita como o recente Dragon Ball Z para Kinect, pero As Bolas Máxicas non son a única serie de televisión que recibe o tratamento de converterse en título de loita baseado en Kinect, senón que no mes de novembro seguirá os mesmos pasos a serie Power Rangers: Super Samurai, que permitirá controlar aos diferentes Power Rangers nos seus combates como ao novo MegaZord.
Este novo xogo venderase nos EE.UU. dende o 20 de novembro, descoñecéndose polo momento a data exacta na que chegará ao territorio europeo (aínda que está confirmado o seu lanzamento durante o vindeiro inverno).
O xogo dos Power Rangers para Kinect puido probarse na pasada edición do E3
